Translate

English plantillas curriculums vitae French cartas de amistad German documental Spain cartas de presentación Italian xo Dutch películas un link Russian templates google Portuguese foro de coches Japanese catálogos de Korean entrevistas a Arabic Chinese Simplified

sábado, 14 de julio de 2012

VAI A MERDA TI E MAI-LA MEDICA

Levaba xa sete dias a pelexar coa vida, que non coa morte. Porque hai pouca xente que queira morrer, pero hai moita que non quere vivir. Un día deciden que non se levantan, que non comen, que non beben, que non queren abri-los ollos, que non falan... Fora unha muller  dura, das da post-guerra, cando a fame era “o noso pan de cada día”. Sacara adiante unha extensa família prácticamente soa, xá que enviuvara nova. Pelexara póla vida e agora pelexaba contra a vida. E loitaba tamén coa súa filla que non sabía qué mais facer pra que tomase anque fose só unha pequena cullerada de algo: sopa, yogurth, ou o que fora. Xa dixera todo o que se di nestes casos: se non comes non che dan a alta,  a doutora vaise enfadar contigo, ímoste levar pra unha residencia, faino pólos netos... Todo o imaxinable. Pero convencela de que comese era misión imposible. Escapábanselle as carnes dos ósos, os ollos afundidos, a cor macilenta, o nariz íase afiando e eu pensaba que se se emperrichaba en morrer, morría de vez. Pero un día, cando estaba cos ollos e a boca pechada, coa máscara de osíxeno posta, decidiu  por un pequeno intre voltar pra vida e darnos unha derradeira lección. Entón, cando a súa filla lle dixo - mamá, come un pouco que está aquí a médica- ela sacou a máscara, abriu os ollos e dixo claramente mirándo pras dúas:
- Vai a merda ti e maila médica.
E colou a máscara, pechou os ollos e a boca e nunca mais voltou dicir nada.

2 comentarios:

  1. Xa se sabe como son as vellas, están fartas de que todo o mundo lles mande e ó final só queren face-lo que lles peta. Descanse en paz.

    ResponderEliminar
  2. Muy buenas, a ver si escribes más...

    ResponderEliminar